Deportes Vigo al minuto

O UM15, fabricado íntegramente na Universidade de Vigo, disposto para facerse coa ‘pole’ en Silverstone

O cocheA idea de varios estudantes de Enxeñería Industrial do campus de Vigo de participar na competición interuniversitaria automobilística máis importante de Europa, a Formula Student, xa ten catro rodas…e un motor. Este mesmo xoves presentaron o monopraza que estrearán a a semana que ven no circuíto de Silverstone.

O coche, que acada os 140 km/h-máis velocidade que o McLaren de Alonso- está deseñado, fabricado e pilotado por eles mesmos e compertirán co mesmo no Reino Unido, Alemaña e España.

O máis duro-á marxe das centos de horas de traballo, foi lograr apoio para rematar o proxecto…pero ata superaron esta dificultade e na presentación oficial estiveron os representantes da Universidade, ademáis de outras institucións, como a Zona Franca de Vigo.

O equipo manexou neste proxecto un orzamento de 60.000 € dos que 28.000 corresponden ao custe real de monopraza, “o resto é para desprazamentos do vehículo e do equipo para as probas”. Fronte a eles, equipos xa expertos con orzamentos de 1.200.000 € e coches de medio millón.

O UM15, sairá á pista hoxe mesmo no campus antes de empezar a ‘negociar’ as curvas de Silverstone, onde competirá contra os prototipos de 100 universidades, na primeira proba da ‘Formula Student’.

También te puede interesar