Deportes Vigo al minuto

O UM15, fabricado íntegramente na Universidade de Vigo, disposto para facerse coa ‘pole’ en Silverstone

O cocheA idea de varios estudantes de Enxeñería Industrial do campus de Vigo de participar na competición interuniversitaria automobilística máis importante de Europa, a Formula Student, xa ten catro rodas…e un motor. Este mesmo xoves presentaron o monopraza que estrearán a a semana que ven no circuíto de Silverstone.

O coche, que acada os 140 km/h-máis velocidade que o McLaren de Alonso- está deseñado, fabricado e pilotado por eles mesmos e compertirán co mesmo no Reino Unido, Alemaña e España.

O máis duro-á marxe das centos de horas de traballo, foi lograr apoio para rematar o proxecto…pero ata superaron esta dificultade e na presentación oficial estiveron os representantes da Universidade, ademáis de outras institucións, como a Zona Franca de Vigo.

O equipo manexou neste proxecto un orzamento de 60.000 € dos que 28.000 corresponden ao custe real de monopraza, “o resto é para desprazamentos do vehículo e do equipo para as probas». Fronte a eles, equipos xa expertos con orzamentos de 1.200.000 € e coches de medio millón.

O UM15, sairá á pista hoxe mesmo no campus antes de empezar a ‘negociar’ as curvas de Silverstone, onde competirá contra os prototipos de 100 universidades, na primeira proba da ‘Formula Student’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.