Vigo al minuto

Este sábado, polo do Orgullo LGTBI de Vigo

OrgulloAinda que leva celebrándose toda a semana, con actos culturais, mañá é o centro do Día Internacional do Orgullo LGTBI de Vigo. Este sábado haberá festa todo o día na Praza da Pedra, empezando, ás 12, as actividades infantis có Paiaso Tachán e contacontos.

Ás 6 e media da tarde chegará a actuación do Vatapá-cuarteto​; ás 7 e media, saída, dende a mesma Praza da Pedra da Manifestación ‘Orgullo e Reivindicación’; ás 9 da noite, actuación Ge Drag, seguida, ás 9 e media, de Rodrigo Cuevas e de 10 e media á media noite, DJ Pettro.

Segundo denuncia a Asociación ‘Nos mesmas’, “o Concello, pasándose por alto as ordenanzas municipais, negase, un ano máis, en concedernos permiso ata ás 3 da mañan, polo que a festa pechará ás 12 da noite, pesandonos moito e a pesar do gran esforzo que supon organizar todo isto así como o peso que ten para a cidade, non lle interesa celebrar unha data como o 28 de xuño como se merece”.

También te puede interesar