Sucesos

Axentes medioambientais alertan de que o Galicia non está preparada para facer fronte aos incendios

IncendioFoto: Felipe Carnotto/Axentes Medioambientais advirten novamente que o Goberno de Galicia mantén no tempo un dispositivo de extinción de incendios forestais diminuído de persoal e medios. Denuncian que a organización, ademais de ser pouco obxectiva, “contén métodos autoritarios que en nada favorece que a engrenaxe dun operativo complexo, como é o do SPDCIF, poida funcionar cun mínimo de efectividade”.

Denuncian que os vehículos están envellecidos e en mal estado e que as condicións das motobombas e dos todoterreo dos Axentes son “escandalosas”. Isto xunto con casetas de vixilancia pechadas, EPIs sen renovación ou de pésima calidade, equipos de comunicación obsoletos, prevención nula e un só helicóptero dispoñible para toda Galicia.

Consideran que esta situación é especialmente grave tendo en conta que estamos nunhas datas nas que o risco de incendios está a ser moi elevado, tal e como se comprobou no IRDI destes últimos días e nos numerosos lumes que se están a producir. “Ás portas dun verán no que posiblemente vai ser moi difícil a extinción de incendios forestais, xa que tivemos unha primavera que foi a cuarta máis cálida desde 1971, chovendo un 30 % menos do habitual e esperando, segundo a AEMET, un verán máis cálido do habitual”.

Lembran que estas condicións meteorolóxicas son as mesmas que se deron no verán de 2006 e afirman que o Goberno de Galicia, “non está preparado para afrontar unha vaga de incendios forestais como os que se viviron nese triste verán”.

Os axentes mediambientais engaden a isto que no lugar de profesionalizar o dispositivo único e público, atópanse no monte con empresas privadas, brigadas municipais, empresas semipúblicas…, todos eles baixo a responsabilidade dos Axentes Medioambientais nos incendios. “Todo este abano con diferentes medios fan pensar que o Goberno está derivando a súas responsabilidades cara ás empresas privadas e descargando a extinción dos lumes na chamada de medios alleos á Administración galega, como é o caso da UME”.

Por último, sinalan que malia as queixas e peticións mantidas no tempo co rogo de que se corrixisen todas estas eivas, “o departamento que depende de Tomás Fernández-Couto Juanas mantén as súas portas pechadas a cal e canto”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.