Galicia

O alcalde de Becerreá, que traizoou ao PSOE na Deputación de Lugo, non deixará nin o partido nin o ente provincial

Manuel MartínezO alcalde do concello lucense de Becerreá, que traizoou ao Partido dos Socialistas de Galicia, partido que o nomeou como deputado provincial, asegurou este xoves que non devolverá o seu posto na Deputación de Lugo, despois de facilitar a elección da popular Elena Candía como presidenta da entidade provincial.

Manuel Martínez, imputado pola suposta malversación de fondos públicos- que él cualifica como “imputación de merda”-, motivo polo cal o PSOE rexeitou a súa candidatura á Presidencia da Deputación, tampouco deixará de militar no Partido Socialista, voluntariamente, segundo subliñou hoxe en rolda de prensa.

Martínez, negou ter pacto algún co Partido Popular e, logo de asegurar que o veto do BNG á súa candidatura á Presidencia da Deputación foi unha actitude “talibán”, rexeitou que tivese contacto algún co PP antes da sesión de investidura de Candía.

También te puede interesar