
A ministra de Fomento cualificou este sábado de «reconfortantes» as cifras do ferrocarril en Galicia, xa que a utilización do tren Madrid-Galicia «creceu dende 2011 un 150 %», mentres que o Eixo Atlántico de Alta Velocidade superou os 420.000 pasaxeiros dende a súa posta en marcha en abril.
«Para aqueles que dicían que Galicia non necesitaba AVE, dicirlles que Galicia, cando se lle pon un tren do século XXI, utiliza o AVE máis que ninguén», indicou a ministra de Fomento durante unha visita institucional ao Concello de Ourense.
Pastor engadiu que «o AVE non é un luxo» e lembrou que «en España están a utilizar cada vez máis persoas este tren, que é o tren do século XXI…o que pasa é que non podemos ter trens do século XIX, e iso é ao que nos estamos a dedicar», salientou.