Ciencia y Tecnología

123 alumnos de 18 centros de FP da provincia farán prácticas pagadas en Europa

FPUn total de 123 alumnos de 18 centros de Formación Profesional da provincia de Pontevedra poderán desarrollar, durante 6 meses, prácticas remuneradas da súa especialidade en empresas e institucións europeas gracias a un proxecto da Deputación de Pontevedra, denominado “Practicum”, para o que a Comisión Europea aportou un 1 millón de euros. As prácticas dos alumnos comenzarán nos primeiros meses do vindeiro curso, según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente do organismo provincial.

‘Practicum Depo 2015’, está orientado a completar a formación dos xoves, a mellorar o seu dominio dos idiomas e a ampliar as súas posibilidades de inserción laboral.

As bolsas Erasmus+, que a Deputación de Pontevedra solicitou ao Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos para o 2015, van destinadas a mozos e mozas recén titulados en ciclos medios de FP.

Un total de 18 centros de FP da provincia se sumaron a este proxecto para enviar a Europa a un total de 123 alumnos que realizarán prácticas de 6 meses en empresas privadas ou organismos públicos de diferentes países europeos, preferentemente de fala inglesa. Os bolseiros estarán nos seus destinos en agosto ou setembro ou, en todo caso, nos primeiros meses do vindeiro curso académico.
Os 18 centros participantes no proxecto son: 6 de Vigo: IES A Guía; Ricardo Mella; Centro de Artes Plásticas e Deseño Atlántico; Chapela; Politécnico; e Centro de Formación Divino Maestro; 3 de Pontevedra: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán; IES A Xunqueira I; e IES Montecelo; 1 de Ponteareas (A Granxa); Vila de Cruces (IES Marco do Camballón); Silleda (IES Pintor Colmeiro); Salvaterra do Miño (IES Salvaterra de Miño); Cambados, IES Francisco Asorey; Tomiño, IES de Tomiño; Marín: IES Chan do Monte; Sanxenxo, IES de Vilalonga; e Moaña, IES A Paralaia.

As prácticas dos alumnos ben remuneradas e de gran calidade pois os alumnos irán a países nos que hai mellores posibilidades de formación e práctica en cada unha das especialidades que oferten.

Rafael Louzán afirmou que a Deputación de Pontevedra sigue avanzando na promoción do emprego e na mellora das oportunidades laborais para os xoves e citou como exemplos xa en curso “os plans de emprego para parados; os de práctica Laboral para universitarios, ciclos superiores e persoas con discapacidade; e agora, ademáis doutros, titulados de ciclos medios para que poidan reforzar a súa formación, aproveitar o seu talento e ter un mellor futuro laboral”.

También te puede interesar