Vigo al minuto

Uns 100.000 galegos deixarán de aboar o copagamento dos medicamentos

medicamentos100.000 galegos que integran unhas 35.000 familias con baixos ingresos sumaranse aos 123.000 que xa se benefician da exención total no copagamento de medicamentos, no marco do novo plan impulsado polo Goberno de Galicia que ten a intención de activar esta medida “coa máxima celeridade”.

Este martes, o vicepresidente, Alfonso Rueda, e a titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciaron esta ampliación da exención do copagamento farmacéutico, que ata agora solo beneficiaba aos perceptores da Renda Galega de Inserción Social (Risga) ou aos que esgotaran o subsidio por desemprego.

Mato concretou que o Goberno galego pretende “ampliar o colectivo diana”, de forma que case se duplicará o número de beneficiarios. “Trátase de achegarnos a familias con ingresos salariais baixos e, sobre todo, con menores a cargo”, detallou, para engadir que os baremos que se apliquen serán os que regula a lei de inclusión social.

“É dicir, nunha familia de catro membros, esta medida estaría definida por uns ingresos duns 600 €. Enmarcaremos esa capacidade en función de o que xa está lexislado”, sentenciou a conselleira, mentres que o vicepresidente Rueda concretou que o Goberno se fará “cargo do cen por cento do custo dos medicamentos” das familias que perciban “ingresos iguais ou inferiores” aos que dan dereito á Risga.

También te puede interesar