Vigo al día

A conselleira de Sanidade afirma que só se compraron 845 camas para o novo hospital pero que este vai ter, en realidade, 1.465

Nuevo-hospital-Álvaro-CunqueiroA conselleira de Sanidade afirmou este martes en Vigo, que non é que o novo hospital teña 845 camas nada máis, senon que a dotación de mobiliario se fixo, en principio, para esas 845, pero que en realidade ten capacidade para 1.465.

Segundo Rocío Mosquera, pediuse o mobiliario que “se considera imprescindible para esta primeira fase de posta en marcha”, pero que, en realidade terá as camas anunciadas, ainda que non explicou porqué non se compraron as 620 camas que faltan– cos seus correspondentes complememtos-, cándo van a comprarse ou, o que é máis importante, cómo será posible reducir as listas de espera- cirúrxicas e de especialidades- con menos camas das que hai na actualidade.

Mosquera, garantiu que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) terá “os laboratorios que precisa”, contestando ao feito de que o Hospital Álvaro Cunqueiro carecerá de laboratorio central xa que estará no Meixoeiro.

A conselleira insistiu-en contra da opinión da maioría dos especialistas- que ese laboratorio, que subliñou terá un tempo de resposta de 6 horas, permitirá que a Área Sanitaria de Vigo “teña a máxima seguridade e calidade para os doentes”, e que este xeito de actuar é o mesmo que o de A Coruña, Santiago, Salamanca ou Asturias, “o de todos os hospitais do país”.

También te puede interesar