Vigo al minuto

Manifestación, este martes en Vigo, contra o deterioro da Sanidade Pública na cidade

Protesta polo peche de camas
Protesta polo peche de camas

A Xunta de Persoal da Area Sanitaria de Vigo convoca para este martes, día 16, unha manifestación, con saída ás 11 da mañana de Urxencias do Hospital Xeral- pasando polo Cíes, Avenida de Madrid e Praza de España, con volta ao Xeral-.

A protesta, como adiantaron os diferentes representantes dos traballadores, o pasado día 8, está motivada polo peche de camas nos hospitais da cidadesó no Nicolás Peña, como denunciou o seu persoal, durante 15 días do mes que ven, das 117 camas do mesmo só estarán operativas as 30 de Saúde mental; a disminución das camas-logo de que o Servizo Galego de Saúde confirmase que o novo hospital terá 845 e non as 1.465 anunciadas polo Goberno de Galicia-; disminución das plantillas en relación as camas comunicadas e falta de sustitucións e recortes nas contratacións.

También te puede interesar