Ciencia y Tecnología

A presidenta do Parlamento de Galicia defende que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade

Ribeira Sacra/Tresyuno Comunicación
Ribeira Sacra/Tresyuno Comunicación

A presidenta do Parlamento de Galicia defendeu, este luns, a incorporación da Ribeira Sacra á lista de Patrimonio Mundial da Unesco como «valor universal excepcional pola súa riqueza artística, histórica e arquitectónica».

Así o manifestou Pilar Rojo nun curso organizado en Santiago polo Valedor do Pobo e a Universidade Internacional Menénde Pelayo (UIMP) titulado ‘A Ribeira Sacra: Protección dunha paisaxe cultural candidata a Patrimonio Mundial’, que ata o mércores se desenvolve no Parlamento.

Rojo salientou que a Ribeira Sacra «ten riqueza artística, histórica, arquitectónica, ambiental, inmaterial, paisaxística e turística, tesouros que temos que protexer», ao tempo que subliñou que o encontro organizado en Compostela permitirá «mellorar o coñecemento deste conxunto de recursos, pero tamén alcanzar unha nova posta en valor dos mesmo ante a opinión pública», segundo sinalou o Parlamento nun comunicado de prensa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.