Comarcas

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, primeiro alcalde nacionalista da historia de As Neves

Foto: Tresyuno Comunicación//Xosé Rodríguez Méndez e Eduardo Mariño
Foto: Tresyuno Comunicación//Xosé Rodríguez Méndez e Eduardo Mariño

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, laboralista de 50 anos, pai de dous fillos e veciño de Tortoreos é, dende este sábado, o primeiro alcalde nacionalista de As Neves. Rodríguez, cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego nas Eleccións do pasado 24 de maio, acadou 4 concelleiros, por 5 do Partido Popular e 2 do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE.

Foto: Tresyuno Comunicación// Momento de ser nombrado alcalde Xosé Rguez Méndez
Foto: Tresyuno Comunicación// Momento de ser nomeado alcalde Xosé Rguez Méndez

Un acordo co líder dos socialistas de As Neves, Eduardo Mariño, que asumirá a primeira Tenencia de Alcaldía, levou ao relevo á fronte do Concello do popular Raúl Emilio Castro, que levaba no cargo 12 dos 32 anos que os populares xestionaron o goberno local.

Foto:Tresyuno Comunciación// Momento da votación
Foto:Tresyuno Comunciación// Momento da votación

No seu discurso de aceptación do cargo, o novo alcalde subliñou que será un proxecto político transparente, comprometido, e participativo, e afirmou que a longo dos 21 días de negociacións, conseguiron amear, o cal e moi importante chegar a tal acordo, xa que ameando é dando ter independencia, pero traballando xuntos por unha causa, e lembrou queque se trata de unha transción e que se trata de un cambio histórico, xa que se trata da primeira vez que hai un goberno de coalición.

Foto: Tresyuno Comunicación// Momento do Himno Galego
Foto: Tresyuno Comunicación// Momento do Himno Galego

O tándem Rodríguez-Mariño, BNG-PSOE, chega cun modelo de goberno e de Concello “actuais e innovadores”, no que o protagonismo sexa para os veciños, que ten como obxectivo esencial, “os intereses das persoas, os seus problemas, o seu benestar e as súas necesidades”, e que, baseado na ilusión e no traballo, “empregue a transparencia e a participación cidadá como ferramentas de impulso democrático”.

Foto: Tresyuno Comunicación// Emilio Castro no seu lugar coma opoción
Foto: Tresyuno Comunicación// Emilio Castro no seu lugar coma oposición

Outras das directrices do novo goberno local será a de “fixar poboación, crear emprego, e dotarse de mellores e actuais servizos públicos”, algo que será posible só cun “goberno conxunto, cun so equipo de traballo” que, somo subliñaron o novo alcalde e tenente de alcalde, os veciños atopen “sempre preto” e disposto a escoitar as súas ideas, queixas, suxestións e necesidades, “porque é un equipo formado por veciños” de Liñares, Tortoreos, Santiago de Ribarteme, Vide, Rubiós, Setados, San Pedro de Batalláns, San Cibrán de Ribarteme, Cerdeira, Taboexa, Santa Eulalia de Batalláns, As Neves e San José de Ribarteme.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.