Galicia

Feijóo non acrara si estaría disposto a entrar no Goberno Rajoy

Rajoy e Feijóo/Tresyuno Comunicación
Rajoy e Feijóo/Tresyuno Comunicación

“A miña ambición política é ser presidente de Galicia”. Esta foi a resposta que deu Alberto Núñez Feijóo á pregunta de si estaría disposto a entrar no Goberno do Estado. O presidente non acrarou cal sería a súa resposta si Mariano Rajoy o chamase para asumir un ministerio.

“O primeiro é ter un mínimo de humildade…para que falar desa situación o primeiro que tería que haber é un ofrecemento por parte de que o pode facer…pero, repito, se o houbese, non o diría e tampouco o diría se tivese tal ofrecemento”.

En respostas aos xornalistas logo do Consello do Goberno galego, Feijóo indicou, sobre unha posible entrada na dirección estatal do Partido Popular que xa é presidente do PP de Galicia e membro do Comité Executivo Nacional do partido, o que considera que xa é “responsabilidade abondo” dentro do mesmo.

También te puede interesar