Cultura

Veciños da provincia de Pontevedra poderán optar a 1.795 prazas do programa ‘Coidarte’ de termalismo social

BalnearioOs balnearios nas que hai prazas son os de Palacio da Auga, en Mondariz; Talaso, en Oia; Termas de Cuntis; Talaso de Moaña; Illa de A Toxa; e Vía Argentum, de Silleda.

A Deputación de Pontevedra aprobou o venres, na súa xunta de goberno, a adhesión de 39 concellos da provincia– Agolada, Covelo, Marín, Ponte Caldelas, Silleda, Arbo, Cuntis, Meaño, Potecesures, Soutomaior, Barro, A Estrada, Meis, Porriño, Tomiño, Caldas de Reis, Forcarei, Moaña, Portas, Tui, Cambados, Fornelos de Montes, Moraña, Redondela, Valga, Cangas, Gondomar, Rodeiro, Vilanova Arousa, Catoira, O Grove, Pazos de Borbén, O Rosal, Cotobade, A Guarda, Poio e Salceda de Caselas-ao programa de Termalismo Social ‘Coidarte 2015’ e adxudicou 1.795 prazas deste programa que vai dirixido a pensionistas, persoas solicitantes dun respiro familiar e outras persoas maiores de 50 anos.

‘Coidarte’ tén como obxectivo fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida dos beneficiarios así como impulsar a creación e mantemento do emprego no sector turístico nos períodos de menos actividade deste sector para desestacionalizar a demanda.

A oferta de balnearios, spas e talasos da provincia a prezos reducidos, conta cunha subvención da Deputación á que se suma a dos 39 concellos adheridos. Os beneficiarios poderán disfrutar de 5 días consecutivos -de luns a venres- no balneario, facendo uso das súas instalacións durante dúas horas cada día.

También te puede interesar