Vigo al minuto

Os pais de alumnos poderán aparcar de balde na saída dos colexios, cando empece a funcionar o Plan Especial de Tráfico para escolas

Sinal de aparcamento para pais de escolaresO Concello porá en marcha o próximo 1 de xuño a primeira fase do plan de tráfico especial de colexios que, nunha primeira fase piloto, contará coa participación de 13 centros escolares. Segundo o alcalde, que tivo unha xuntanza con directores dos centros, 80 colexios sumaranse a este plan dende o 1 de setembro que, entre outras medidas, pretende favorecer o uso dos coches das familias dos alumnos, nas entradas e saídas dos colexios.

Así, o Concello dará prioridade de aparcamento a eses vehículos, suspendendo a ORA nos horarios de entrada e saída dos centros; ademáis haberá voluntarios axudando aos rapaces para que non corran perigo-algo semellante ao que fan noutros países, como os Estados Unidos- voluntarios que poderían seleccionarse entre os coidadores de barrio ou  persoas contratadas nos  plans de emprego municipal.

También te puede interesar