Comarcas

So quedan 225 entradas para sentir o ‘jlamour’ de Cans

entradaswebComo todos os anos, a organización do Festival de Cans fixa un día para a venda física en Cans das últimas entradas para as proxeccións da sección oficial de curtametraxes a concurso. Quedan tan só 25 entradas para o pase matinal e 200 para a sesión da tarde e poderán adquirirse este venres, día 15 de maio, a partir das 7 da tarde no Torreiro de Cans. Ao igual que na tenda online, haberá a posibilidade de mercar o pack de entrada, camiseta e catálogo do festival por un prezo de 21,5€, ou ben unha entrada simple co catálogo do festival a un prezo de 12€.

A organización recorda que a recollida das entradas e packs mercados online a través de tenda.festivaldecans.com poderá facerse o sábado 23 no Torreiro de Cans entre as 11 da mañá e as 3 da tarde para os produtos da sesión de tarde ou no Baixo de Bugarín entre as 9 e cuarto e 10 menos 10 da mañá, para os produtos da sesión de mañá.

También te puede interesar