Galicia

A Universidade de Santiago empeza ‘Ensinas máis do que cres’, campaña para fomentar o uso do galego

USCO Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ven de iniciar a campaña ‘Ensinas máis do que cres’ para fomentar o uso da lingua galega na universidade.

O uso do galego na docencia dos graos no curso 2014-2015, segundo os datos que manexa a propia USC, é do 21,52% sobre o cómputo de horas de docencia global (máis de 384.000 horas), mentres que o do castelán foi dun 74%.

En conxunto, segundo sinala a USC, os usos lingüísticos na docencia «non son moi equilibrados», polo que subliña a institución académica que «dificilmente o alumnado vai aprender competencias lingüísticas profesionais». «E non se favorece a aparición ou consolidación de actitudes positivas tamén cara ao galego», segundo explicou a vicerrectora do Servizo Universitario do Campus de Lugo, Carme Silva.

A USC destaca que cando un docente usa o galego o seu alumnado tamén o emprega moito máis. Amparando nun estudio realizado o pasado curso na Universidade de Santiago que demostra que un mesmo grupo de clase usa o galego nos exames ata un 70% máis co profesor que lle imparte as clases nese idioma que co que o fai en castelán, o Servizo de Normalización Lingüística da USC lanza esta campaña ‘Ensinas máis do que cres’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.