Galicia

A ponte do 1º de Maio, sen mortos nas estradas galegas

AmbulanciaO 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 47 persoas debido a 32 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 1 de maio e as 12 menos un minuto do pasado domingo. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 17 accidentes rexistrados.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 40 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 32 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 47 persoas.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 18 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 40. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros,  as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 33 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nunha ocasión. As ambulancias convencionais mobilizáronse en dúas  ocasións.

En 44 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en tres ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te puede interesar