Sucesos

A Policía Local de Porriño desmantela unha estafa de venta on line

Fraude onlineUnha investigación da Policía Local de O Porriño levou á desarticulación dunha armazón de venda fraudulenta de produtos de telefonía e informática a través da Internet, que afectou vítimas de diferentes puntos da xeografía española.

O presunto autor dos feitos facía uso de páxinas web creadas para tal fin, nas que ofertaba produtos con fotografías, prezo e modo de compra, e na que, para dar confianza ao consumidor, aseguraba posuír tendas físicas no concello de Porriño, onde nunca se situou ningún dos establecementos aos que facía referencia.

«A través desta plataforma chegouse a anunciar mesmo un desconto de entre 10 a 20 € nos produtos en caso de acudir aos citados establecementos»,indica a policía.

Web1As páxinas web que servían de reclamo e que xa foron desactivados do servidor son www.chollosdesubasta.es.tl e www.technochollo.es.tl –non confundir coa web http://tecnochollo.es/, website legal-.

Ao respecto, a policía indica que o presunto autor facía uso tamén doutras coñecidas plataformas web de venda de produtos usados como www.segundamano.com e www.milanuncios.com, «ofrecendo prezos anormalmente baixos para captar clientes».

O ‘modus operandi’ sempre era o mesmo: unha vez posto en contacto coas súas vítimas, remitía vía e-mail unha factura do produto comprado, onde figuraba un número de conta onde realizar o ingreso do importe para poder recibir con posterioridade o pedido, que finalmente nunca era remitido.

As estafas varían dende 300 a máis de 600 € e hai vítimas de Madrid, Andalucía e Cataluña. As dilixencias iniciais foron remitidas ao Xulgado de primeira Instancia e Instrución número 3 de O Porriño.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.