Vigo al día

A Festa da Sementeira do Millo de Matamá, un éxito

Sementeira do Millo MatamáOrganizada por ‘Malaherba’, esta fin de semana celébrase en Matamá, preto do Muiño da Regueira, a IV Festa da Sementeira que, dende este sábado, acolle un programa completo de actividades.

Onte pola tarde celebráronse as ‘Olimpiadas do campo’, con probas como o lanzamento de sacho e boina, seguidas da actuación do monologuista Avelino González e as actuacións dos grupos, Tanto nos ten, Ultraqans e Os Cempés.

SementandoEste domingo pola mañá, chegou a hora da labranza: dende as 10 e media, dous carros de bois, ‘animados’ polos grupos folclóricos ‘S.C.D. Atlántida de Matamá’ e ‘S.C.R.D.Nautilus de Comesaña’, sairon dende o torreiro da festa de San Andrés de Comesaña e da Cultural de Matamá para chegar a unha leira, á beira do muíño da Regueira, onde empezaron a facer a labranza tradicional. Tamén abriuse a Feira, con 30 postos artesáns e onde os asistientes poden disfrutar dunha mostra etnográfica e ollar fotografías antigas da parroquia.

DanzaÁs  2 da tarde, se se cumpre o horario, chegará a hora do Xantar, a base de carne ao caldeiro, pan, viño-ou auga- postre caseiro e café…a un prezo de ‘crise’: 10 €.

Xa ás 4 da tarde, actuará o humorista Fonseca, seguido dos ‘Señores da Gaita’, antes de coller forzas para chegar ás 6 da tarde, cande se semente o millo na leira labrada pola mañá.

 

También te puede interesar