Ciencia y Tecnología

5.716 ingresos en ‘hospitalización a domicilio’, o ano pasado en Galicia

Hospitalización a domicilioO ano pasado rexistráronse en Galicia 5.716 ingresos en ‘hospitalización a domicilio’, aos que corresponden 97.499 estanzas, un 5% máis que en 2013. Os doentes recibiron, en total, 25.496 visitas de médicos e 52.871 de enfermaría.

Segundo indicou este venres a conselleira de Sanidade, as ventaxes deste tipo de ‘hospitalización’ son moitas: “unha maior satisfación do enfermo, a implicación do doente e da sua familia nos coidados, mellor evolución da enfermidade, redución do risco de infeccións hospitalarias, ou a diminución da frecuencia das visitas a urxencia e dos ingresos inadecuados”.

Para Rocío Mosquera, a ‘hospitalización a domicilio’ é unha das “ solucións asistenciais máis eficientes”, mentres que o ingreso hospitalario é esencial para o tratamento de pacientes críticos, na realización de procedementos cirúrxicos, técnicas invasivas ou probas diagnósticas de alta tecnoloxía.

A conselleira subliñou que entre os proxectos financiedos con Fondos Feder estase desenvolvendo o ‘Hospital na casa’, co obxectivo de ter no domicilio do usuario as ferramentas necesarias que permitan un desempeño asistencial axeitado ás necesidades do paciente.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.