Galicia

A economía galega, «menos sólida e máis lenta» que a do Estado na saída da crise, non crea emprego

ProductividadeA economía galega acumula catro trimestres consecutivos de crecemento pero o feito de que o incremento sexa «moito menor que o do Estado”, que pechou 2014 cun aumento do Producto Interior Bruto (PIB) do 1,4%, fronte ao 0,4% de Galicia, contrarresta a «sensación» de recuperación económica.

Iso foi o que afirmou, este xoves, o economista e ex presidente do Goberno galego Fernando González Laxe, coordinador do quinto informe de conxuntura socioeconómica que o Foro Económico de Galicia presentou en Compostela.

Na devandita recuperación, a economía galega «non segue a española, vai máis devagar e presenta menos solidez».

Este escenario, segundo advertiu, leva á conclusión, no apartado do mercado laboral, de que o PIB galego «ten que crecer moito máis para xerar emprego».

Outra das principais advertencias lanzadas por esta plataforma é a relativa á produtividade: cae en Galicia, o que revela un problema «de concepción ou de funcionamento».

Segundo González Laxe, da crise, “que deixou pegadas profundas, secuelas e gretas que esixen reparación”, sáese a través de modelos, cun cambio de produtos, valores ou funcionamento; ou fortalecendo a propia dinámica interna.

Para o Foro Económico de Galicia, «os modelos non están a responder, e faise preciso buscar outros máis consolidados», sobre unha industria potente, empresas de maior tamaño e con maior inversión para gañar competitividade no mercado exterior.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.