RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología

O Goberno galego asegura que xa se trata a todos os pacientes de Hepatite C

HospitalO Goberno Galego ven de asegurar que a semana pasada “se iniciou a aplicación dos criterios de indicación e seguimento» aprobados polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (SNS), na reunión do pasado 26 de marzo, para o tratamento da hepatite C.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) puxo en marcha esta pasada semana, di a Xunta nun comunicado, a plataforma web que «servirá de ferramenta para o rexistro» dos doentes con hepatite C, ferramenta que está «a disposición dos profesionais sanitarios”.

Esta plataforma, a VIXÍA HC, “permite a incorporación automática de todos os datos administrativos do paciente a tratar” ademáis, permite «incorporar de forma homoxénea todos os datos clínicos necesarios para a indicación dos novos tratamentos da hepatite C».

Segundo o Goberno, a plataforma impulsa o desenvolvendo dun rexistro on-line «de forma automática», así como «seguir a trazabilidade dos tratamentos» e a «explotación de calquera parámetro», o cal permite “facer un seguimento e valoración dos resultados de cada tratamento iniciado”.

Estes datos, segundo engadiu a Xunta, son envorcados no rexistro estatal que se establece coa entrada en vigor do Plan Estratéxico para a abordaxe da hepatis C no SNS.

O Goberno subliña, tamén, que o pasado 1 de abril se comezaron a comercializar os tres novos fármacos aprobados para o tratamento desta enfermidade “estarán dispoñibles para a súa indicación directa» por parte dos médicos.

También te puede interesar