Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Curso de formación de técnicos ambientais, sobre turismo sostible, nas Illas Atlánticas

CíesA dirección xeral de Conservación da Natureza organiza un curso gratuíto que pretende ensinar a deseñar estratexias de sostibilidade para o turismo nos Parques Nacionais; formar e sensibilizar aos actores locais implicados, aos xestores dos espazos e doutras administracións relacionadas co turismo; e dar a coñecer e promocionar a Carta Europea de Turismo Sostible (CETS) como ferramenta para a planificación participada do turismo sostible.

As xornadas céntranse no Turismo sostible en Parques Nacionais, incluído na CETS, e que organiza o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente coa colaboración do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia. Estas xornadas iniciaranse o vindeiro día 6 do mes de xuño ata o día 12 no Centro de Visitantes del PNMT Illas Atlánticas de Galicia, no Edificio Cambón en Vigo.

No curso traballarase con ferramentas para o desenvolvemento de programas e proxectos relacionados co turismo sostible nos Parques Nacionais; coa CETS e outras certificacións de calidade asociadas aos criterios ambientais. Tamén se deseñarán utensilios de comercialización e marketing do ecoturismo (paquetes turísticos, clube de produto, etc.) e analizaranse experiencias doutros espazos protexidos adheridos á CETS: problemáticas, metodoloxías e propostas aplicadas.

Así mesmo, as xornadas están destinadas ás empresas turísticas da contorna socioeconómico dos Parques Nacionais, para persoal das administración vinculadas ao turismo nos Parques Nacionais (Administración Local, Consellerías de Turismo, de Medio Ambiente, Asociacións de Desenvolvemento Rural ou Pesqueiro, Fundacións, etc…); e xestores de Espazos Naturais Protexidos.

Características do curso

O curso terá unha duración de 37 horas e o número de prazas dispoñibles é de 25 persoas, cando o número de solicitudes sexa superior ao de prazas dispoñibles, realizarase a selección dos alumnos axustándose aos perfiles establecidos para os destinatarios en cada curso concreto e aos criterios da Institución (perfil específico definido en “destinatarios”, aplicabilidade do aprendido, territorialidade xeográfica, reparto do aproveitamento entre colectivos, data de solicitude), sendo prioritarios aqueles que residan na contorna socioeconómico dos Parques Nacionais.

A matrícula, que é gratuíta, inclúe a asistencia ás sesións de traballo; documentación e información complementaria; desprazamentos, en caso de visitas programadas no curso; e o certificado oficial de asistencia. Nas xornadas presenciais, a asistencia ás sesións é imprescindible nun 90 %, así como a aceptación expresa das normas de uso de instalacións e servizos ofertados. A manutención durante o desenvolvemento dos cursos correrá a cargo do alumno.

Todas as persoas que desexen participar, deberán solicitalo a través do modelo de participación, que poderán enviar por correo postal á Secretaría da Área de Formación, Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), Paseo José María Ruiz Dana, s/n. 40109 Valsaín – San Ildefonso (Segovia), por fax al 921-472271, por correo electrónico a [email protected], o ben persoalmente na Secretaría da Área de Formación do CENEAM. Tamén se pode consultar toda a información premendo aquí.

O prazo de recepción de solicitudes finalizará 20 días antes do inicio do curso, comezando o proceso de selección dos alumnos. Só no caso de non cubrirse o número de prazas ofertadas, recolleranse solicitudes ata o último día hábil anterior ao inicio do curso.

También te puede interesar