Cultura Vigo al minuto

O vigués Fran Alonso publica ‘Poética’, que se pode ler en ordenador, tabletas e móbiles

Fran AlonsoO vigués Fran Alonso ven de publicar o poemario ‘Poética’, un libro feito para ler en ordenador, tabletas e móbiles, e que se ofrece en galego, castelán e portugués. Segundo o propio autor, trátase dun «paso decisivo e pioneiro para a literatura electrónica»:con ‘Poética’, Alonso aborda a poesía dixital e transmedia, ademais de explorar as posibilidades expresivas das novas tecnoloxías na creación literaria.

O seu discurso, «ácido e «corrosivo», segundo o escritor, sobre a propia poesía e os mitos e tópicos, «supera» o concepto tradicional de poema para «acomodarse» no de «instalación poética». De feito, empregou distintas linguaxes contemporáneas cun espírito «lúdico», «provocador», «contraditorio», que «confunde», «experimenta», «investiga» e dá lugar a un poemario «diferente», «multifocal», «polidiscursivo», «fragmentario» e «irónico».

‘Poética’ está editado polo seu propio autor, quen tamén se encargou da maquetación online: a editorial elixida é Pitipoto e Estudi Limona realizou o deseño e o desenvolvemento web.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.