Cultura

@AEsmorgaFilme, @OsFenomenosFilm e @serramoura_tvg, favoritos para os Premios Mestre Mateo

A-esmorgaAs películas A Esmorga e Os Fenómenos e a serie de televisión Serramoura posiciónanse como as propostas finalistas que acumulan máis candidaturas na XIII edición dos Premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual, que celebrará a súa gala de entrega de galardóns o próximo 11 de abril na instalacións do Palexco, na Coruña.

Os intérpretes Mercedes Castro e Ricardo de Barreiro foron os encargados de dar a coñecer os nomes que compoñen o catálogo de finalistas do certame nas súas 25 categorías, nun acto celebrado este martes no Auditorio Abanca de Compostela.

A Esmorga con 16 candidaturas sitúase como a máis votada entre os finalistas seguida do filme Os Fenómenos con 11, a serie Serramoura con 9 e a película Schimbare, presente en oito das categorías dos galardóns.

Tamén se posicionan entre as máis votadas O Outro tempo, con catro nominacións, o programa A casa da Conexa, con tres, ‘Códice’, o filme ‘O Neno’ ou a serie Era visto!, que tamén compite en tres categorías.

Os académicos terán que escoller entre un total de 42 obras de cara á gala final, entre películas, series ou documentais, entre outras propostas. Este ano, ademais, a Academia Galega do Audiovisual estreou un novo procedemento de votacións que permite aos socios votar en liña, “facilitando o sistema e  axilizando a súa xestión”.

También te puede interesar