RGPD - Cookies
Vigo al día

‘Marea de Vigo’ inicia unhas primarias abertas a todos os veciños para elixir candidatos ás Municipais

www.mareadevigo.org
www.mareadevigo.org

A Marea de Vigo ven de convocar ‘eleccións primarias abertas’ para elixir candidatos ás Eleccións Municipais. A admisión de candidaturas está aberta ata o mércores, día 4, e poden presentarse todas as persoas que queran optar á Alcaldía o mes de maio.

O proceso foi presentado este luns en rolda de prensa, polos responsables do Comité de Primarias os cales salientaron que o obxectivo é facer unha lista “plural, ampla e representativa, que chegue ao Concello en defensa da maioría dos veciños”.

Calquera persoa poderá presentarse como candidato, á Alcaldía e ás concellarías, para o que será necesario que teña asinado o código ético aprobado polo Comité, o Manifesto da Marea, a carta financeira, e presente un mínimo de seis avais de persoas vinculadas á Marea de Vigo.

Os interesados poderán enviar as súas candidaturas por e-mail a [email protected], ou entregalas fisicamente este martes ás 8 da tarde na Asociación Cultural Bou Eva e, este mércores, no café de Catro a Catro entre as 6 da tarde e as 10 da noite.

Nas eleccións primarias haberá dúas listas de candidatos: unha coas persoas que se postulan á Alcaldía, da que sairá unha única persoa,  e unha segunda para concelleiros, da que sairán oito candidatos. Os que se presenten como alcaldables e non saian elixidos tamén poderán optar a saír nas listas de concelleiros, eso sí: os votos que logren en cada unha das candidtaturas non se sumarán.

Ás 12 menos un minuto da noite do mércores, día 4, péchase o prazo de presentación de candidturas e o día 5 faranse públicos os nomes dos candidatos que, dende ese momento e ata o día 13, poderán facer campaña. O día 14 serán as votacións, en urna e ordenador, e nelas poderán participar aqueles que asinasen o Manifesto da Marea antes das 12 da noite do 9 de marzo. Para quen poidese ter calquera dúbida sobre o proceso hai un enderezo electrónico ao que remitir as súas preguntas: [email protected].

También te puede interesar