A conselleira de Traballo salientou este mércores que a tramitación de la Renta de Integración Social de Galicia (Risga) non tarda nove meses e asegura que en Ourense e Lugo está ao día e en A Coruña e Pontevedra tarda “catro meses de media”.
Esta foi a resposta de Beatriz Mato á pregunta da deputada do BNG Carme Adán, quen acusou á Xunta de non ter desenrolado o decreto da Lei de Inclusión Social, ao que a conselleira replicou que “por lóxica, está en tramitación da man da estratexia de inclusión”, aprobada a finais do ano pasado.