Galicia

#Lantero, os traballadores rematan a folga máis longa da historia de Galicia

Foto: Twitter

Logo de 118 días en folga- a máis longa da historia en Galicia- os traballadores da factoría de Lantero, en Vilagarcía, acordaron este sábado en asemblea ratificar o preacordo ao que chegaron o venres o comité de empresa e a dirección.

O acordo recolle a principal reivindicación da plantilla e o obxectivo esencial do paro: ningún empregado será despedido. A empresa readmitirá aos 56 traballadores que despediu en xaneiro-entre eles o presidente do comité de empresa, despedido por motivos disciplinarios.

Outro dos acordos é que a empresa aplicará durante 21 meses un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que poderá afectar, como máximo, a seis meses por traballador. A cambio, a plantilla acepta unha rebaixa salarial do 10%.

Ademáis Lantero non externalizará ningunha área de produción e aprobará orzamentos para ampliar a capacidade produtiva da fábrica.

 

También te puede interesar