A Xunta asegura que en 2014 houbo 1.200 solicitudes menos da Risga que o ano anterior

A encargada de dar o dato foi a directora xeral de Familia e Inclusión quen, este xoves, salientou, no Parlamento de Galicia, que o 2014 pechou con unhas 6.500 solicitudes de Renta de Integración Social de Galicia (Risga), o que, dico “é un 15% menos que o ano anterior” no que houbo 7.700.

Segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), en Galicia hai 55.000 familias que non ingresan nin un euro, ao cal respostou Amparo González, que “non son esas persoas as que solicitan a Risga engadindo que Galicia “está por baixo da media do Estado” en pobreza, ocupando o quinto lugar entre aquelas que teñen menor risco de caer nela.

González asegurou que, en comparación con Asturias, Galicia ten un orzamento un 61% maior para o pago desta renda, mentres que o Principado “ten máis de 10.000 persoas en lista de espera”.

Esta última afirmación foi desmentida pola deputada nacionalista Carme Adán, quen amosou datos oficias nos que se indica que a finais de 2014, en Asturias había 14.017 familias atendidas, con un importe de más de 82 millones de euros, y 3.383 en lista de espera.

 

También te puede interesar