Vigo al día

O Programa do Entroido 2015 de Vigo: festa en toda a cidade do 13 ao 18 deste mes

A Concellería de Cultura, Festas e Museos, en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e maila Federación de Peñas Recreativas “El Olivo”, presentan a programación do ENTROIDO 2015, que terá lugar do 13 ao 18 de febreiro, en distintos espazos da cidade.

O programa comeza o venres 13 na Porta do Sol coa Entronización do MECO ás 8 da tarde, seguido do pregón a cargo de Mario Vaquerizo, ás 8 e cuarto, que dará paso á actuación das Nacy Rubias.

O sábado 14 terá lugar o tradicional concurso de comparsas e carrozas, que comezarán a desfilar  ás 6 da tarde dende a rotonda de Isaac Peral e rematará na Porta do Sol.

O programa contará tamén coas tradicionais verbenas na Porta do Sol: o sábado 14 coa orquestra Filadelfia e o martes 4 coa orquestra Principal. Ademais, o sábado 14 será a actuación de Kiko Veneno, ás 10 e media da noite.

Como novidade, o domingo 15, darase a saída a I Carreira Popular de Entroido “Concello de Vigo”, coas modalidades absoluta e infantil.

No Auditorio “Mar de Vigo” desenvolverase o luns 16 e o martes 17 o entroido infantil e o concurso de disfraces. O martes 17 terá lugar a “Queima do Meco” na Porta do Sol, ás 11 da noite.

O Entroido 2015 rematará o mércores 18 co acompañamento da comitiva fúnebre, ás 6 e media da tarde, dende a Praza da Constitución, pasando pola Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e con remate na Porta do Sol. O enterro do Meco e a entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas, serán ás 7 e media da tarde, na praza da Constitución.

 

También te puede interesar