RGPD - Cookies
Galicia

Enfermos de hepatite C amosan un mail de Sanidade no que admite ter ‘extraviado’ expedientes de oito pacientes

A plataforma galega de afectados pola hepatite C amosou este xoves un correo electrónico subscrito polo director xeral de Asistencia Sanitaria, Félix Rubial, no que admite o «extravío» dos expedientes de 8 pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Así o indicou o voceiro desta asociación quen salientou que un deses expedientes corresponde a un veciño de Santiago que se atopa «moi grave» de saúde e que tiña o novo tratamento xa aprobado.

 

También te puede interesar