Vigo al día

O novo ministro de Xustiza confirma que Vigo mantén o seu partido xudicial e as sedes da Audiencia

O Ministerio de Xustiza trasladou á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que os partidos xudiciais non serán finalmente modificados nin se suprmirán as audiencias provinciais, tal e como prevía o proxecto de lei do anterior ministro, Ruiz-Gallardón. O alcalde valorou que Vigo manteña a súa autonomía xudicial.

Abel Caballero, que é vicepresidente da FEMP, Abel Caballero, informou esta mañá da comunicación cursada polo Ministerio de Xustiza á Federación indicando que finalmente os partidos xudiciais non serán modificados nin as audiencias provinciais suprimidas.

O alcalde valorou que se cumpra co demandado polos vigueses e que, así, quede garantida a autonomía dos órganos xudiciais da cidade.

 

También te puede interesar