RGPD - Cookies
Comarcas

A Deputación presenta a 150 turoperadores de todo o mundo a oferta turística das Rías Baixas

Foto: Turismo Rías Baixas

A Deputación de Pontevedra presentou este mércores a uns 150 turoperadores e axencias de viaxes de todo o mundo a oferta turística das Rías Baixas, nun acto celebrado en Madrid no marco da Feira Internacional de Turismo (Fitur).

Neste acto, no que estivo o presidente do organismo provincial, Rafael Louzán, a delegación mantivo encontros con representantes das empresas Google new business development, Neoturismo ou o portal de turismo Destinia.

Fitur é un punto de encontro global para os profesionais do turismo e nesta edición están presentes máis de 9.000 empresas expositoras de 165 países e con máis de 120.000 participantes profesionais.

A oferta de Galicia foi presentada este mércores no expositor de Fitur, que contou coa presenza do presidente do Goberno galego, mentres que Turismo Rías Baixas é un dos finalistas dos Premios Excelencia 2014 e mantivo diversos encontros comerciais ao longo do día.

 

También te puede interesar