Galicia

Anuladas as grabacións feitas na casa do ladrón do Códice, pero non as do despacho do administrador da Catedral de Santiago

As grabacións feitas no despacho do administrador da Catedral siguen sendo válidas

A Seción Sexta da Audiencia Provincial de A Coruña, que xulga o roubo do Códice Calixtino, decidiu anular as grabacións feitas na casa do ladrón confeso e rexeitou o resto das peticións realizadas polo abogado de José Manuel Fernández Castiñeiras, a súa muller e o seu fillo.

O tribunal considerou que esta dilixencia é nula xa que vai en contra do dereito á vida privada na vivenda do acusado xa que a colocación de micrófonos na casa do ex electricista da catedral de Santiago antes da súa detención, “é unha intromisión no dereito á vida privada”, de xeito que quedan fora do procedemento xudicial as devanditas grabacións.

Pola contra, os xuices rexeitaron a nulidade das grabacións no despacho do administrador da Catedral da do que trátase dun espazo non aberto ao público e, en calquera caso, corresponde a un elemento de mera legalidade e non atenta contra dereitos básicos do acusado.

Tamén foi rexeitada a petición de nulidade, tanto do arresto de Fernández Castiñeiras, como as entradas nas súas propiedade xa que, segundo o presidente do tribunal, non houbo atentado algún contra os seus dereitos fundamentais.

 

También te puede interesar