Cultura Vigo al minuto

Agora xa podes coñecer as Illas Atlánticas en inverno

A Consellería de Medio Ambiente organiza, por segundo ano, o programa de rutas guiadas  ‘Descubrindo o Parque Nacional’, organizado polo Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia en meses que no son de verán.

Con este programa, que abrangue cinco visitas aos arquipélagos, búscase animar aos cidadáns a coñecer os valores das illas fora da tempada de verán.

A primerira destas visitas chámase ‘Unha viaxe no tempo’ e está programada para o 14 de febreiro ás Cíes: é unha ruta de 2 quilómetros na que poderán participar un máximo de 40 persoas. A previsión é sair de Vigo ás 10 e media da mañá e voltar ás 6 da tarde – a inscripción debe facerse antes do 10 de febreiro.

As outras son o 22 de febreiro a Sálvora, o 7 de marzo a Ons e dúas visitas a Cortegada, o 5 e 15 de marzo. As persoas interesadas en participar, poden enviar unha solicitude ao enderezo electrónico[email protected] ou poden presentar as mesmas nas oficinas da Xunta.

 

 

También te puede interesar