RGPD - Cookies
Vigo al día

A deputada viguesa Eva Solla denuncia que o plan de renovación tecnolóxica hospitaria é un paso para privatizar a sanidade

A deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia, Eva Solla, cre que o plan de renovación tecnolóxica hospitalaria da Xunta supón «entregar o control do corazón» da sanidade pública a empresas multinacionais.

Nun comunicado, Solla afirma que o devandito plan so é un paso para “privatización” da sanidade pública xa que son as empresas as que «fan a oferta de servizos e marcan o prezo final«. Por iso, sostén que os 88 millóns de euros cos que se dota este plan poderían «incrementarse notablemente».

Solla precisa que a «privatización» que denuncia abranguería, ademais dos «equipos de radioloxía e radioterapia, o mantemento, a xestión e a formación do persoal público».

Eva Solla subliña que o Goberno galego «non traballa para xestionar a Sanidade Pública galega, senón directamente para lograr a súa privatización». Así mesmo, criticou á Xunta por «tapar o malestar social» derivado da «gravísima situación de colapso» nas urxencias hospitalarias anunciando «inexistentes plans».

 

También te puede interesar