Galicia

O litoral galego, en alerta amarela

O litoral galego estará este martes en alerta amarela por ondas de entre 4 e 5 metros de altura durante a tarde e noite. Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por MeteoGalicia, nas primeiras horas continuarán os ventos fortes no litoral Norte. Tras o paso dunha fronte as ondas quedarán por enriba dos 4 metros e mesmo superarán os 5 nas últimas horas do día.

O aviso será amarelo dende as 9 da mañá no litoral da Coruña, con ondas por mar de fondo do Noroeste de entre 4 e 5 metros de altura. No litoral da Mariña lucense e nas Rías Baixas, o aviso será amarelo a partir das 3 da tarde por ondas por mar de fondo do Noroeste entre 4 e 5 metros.

A fronte deixará cantidades significativas de chuvia en puntos da Coruña, polo que o aviso será amarelo entre as 3 da maña e o mediodía de hoxe deste martes no sueste e Oeste coruñés por precipitacións localmente de máis de 40 litros por metro cadrado.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.