Comarcas

En 2014 retiráronse en Galicia 572 niños de vespa Velutina

Os servizos de emerxencia, retiraron o ano pasado un total de 572 niños de Vespa Velutina, especie invasora que afecta á produción apícola ao atacar ás abellas. En total, foron 946 niños confirmados en diversos municipios, pero 374 dos casos non puideron ser retirados por resultar inaccesibles.

Para seguir traballando no Plan de Vixilancia e Control fronte a Vespa Velutina, nos vindeiros días terá lugar unha reunión de coordinación coas asociacións apícolas de Galicia, xuntanza á que  tamén asistirá persoal da Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP e nela estudaranse os traballos xa realizados e a levar a cabo neste 2015 co fin de minimizar os prexuízos causados por este insecto.

O procedemento establecido o ano pasado desenvolveuse en dúas vertentes: a detección precoz da existencia da Vespa velutina nun determinado territorio e, por outro, a eliminación da mesma no menor tempo posible alí onde de detectou.

Pa elo, estableceuse unha rede de vixilancia entomolóxica estendida por todo o territorio, mediante o trampeo selectivo e regulado destes insectos, facendo maior fincapé en zonas onde xa existían evidencias de presenza en anos anteriores. Dos 946 niños confirmados, 129 correspondían á provincia de A Coruña, 623 á provincia de Lugo, 1 á provincia de Ourense e 193 á provincia de Pontevedra. As zonas máis afectadas corresponden ao norte das provincias da Coruña e Lugo e ao sur de Pontevedra.

Con respecto ás tarefas de control e eliminación de vespas e niños, procedeuse á supresión física de niños, o trampeo de vespas obreiras ao longo do todo o ciclo biolóxico anual deste insecto e o trampeo selectivo de raíñas. Así, cómpre destacar o elevado número de exemplares capturados -na súa meirande parte na Mariña lucense-, entre os cales destacan as futuras raíñas, potenciais que darían lugar a unha nova colonia na tempada 2015.

 

 

También te puede interesar