RGPD - Cookies
Galicia

Os médicos piden a dimisión de Feijóo ante o caos nas urxencias dos hospitais galegos

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CES) e Médicos de Galicia Independentes (O’MEGA) rexistraron un escrito dirixido ao presidente da Xunta no que lle piden que dimita se non é capaz de solucionar a «desastrosa situación» das urxencias sanitarias.

“O persoal sanitario é o único que mantén estes servizos”, din e sinalan alertan da «saturación» dos  hospitais. «É vostede, señor presidente é, en última instancia, o responsable deste despropósito e a solución non é pedir desculpas senón pór remedios, ben sexa nomeando xestores capaces e responsables ou, de non ser iso posible, e se se considera incapaz de xestionar esta situación, señor presidente, só quedaría unha saída honrosa: presente a súa dimisión», di a carta.

No documento, piden que non se achaque esta situación a «repuntes de patoloxías» porque son previsibles, dado que se reproducen anualmente segundo a estación, e solicitan que «os xestores sanitarios lles poñan remedio».

 

También te puede interesar