Galicia

O teléfono móbil, prohibido nos centros educativos galegos

O goberno galego aprobou de forma definitiva o Decreto que desenvolve a Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa que, entre outras cuestións, prohibirá aos alumnos usar teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

Segundo o presidente Feijóo, esta norma fai de Galicia «a primeira Comunidade do Estado que regula o ciberbullying cun protocolo de prevención, que edita unha guía de tratamento do acoso e o ciberacoso» e que afonda cunha normativa na «idea de corresponsabilidade».

A Lei de Convivencia articúlase en torno a tres ideas clave: a corresponsabilidade, a prevención e a mediación. Con respecto á corresponsabilidade, identifícase a todos os membros da comunidade educativa como «axentes responsables da convivencia», ademais de crear un consello autonómico para a Convivencia Escolar.

Á marxe deste órgano consultivo e de apoio ao que poderá acceder toda a comunidade educativa, crearase tamén unha Comisión de Convivencia en cada centro de ensino que se encargue especificamente de todo o vinculado con esta materia e que se encadrará no seo do consello escolar.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.