'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

Morris e Pedro Alonso empezan en Teis os ensaios de ‘O Crédito’

Antonio Durán ‘Morris’ e Pedro Alonso empezan estes días en Teis os ensaios da última montaxe teatral de Eme2 e Tanttaka, a comedia teatral ‘O Crédito’, que leva máis dun ano obtendo éxitos en Madrid e Barcelona, e que se estrearán, en Pontevedra o 5 de febreiro, tras o que percorrerá os teatros das principais localidades galegas.

O argumento da obra formula unha oficina bancaria e dous homes: o director da entidade (Antonio Durán ‘Morris’) e un cliente (Pedro Alonso). «O último pide un crédito porque o necesita. E o primeiro non llo dá porque non pode dalo. Ao cliente non parecen quedarlle moitas opcións, pero garda un ás na manga e non dubida en empregalo», avanzan os promotores.

Segundo a prensa especializada, trátase dunha «orixinal comedia sobre como conseguir un empréstito cando os bancos pechan a billa aos particulares e pon «o enxeño ao servizo dos malos tempos».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.