RGPD - Cookies
Vigo al día

382.000 unidades fabricadas este ano fan da planta de PSA de VIgo a segunda máis productiva do Estado

A planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo foi a segunda máis productiva do Estado este ano, con 382.000 unidades fabricadas, so por detrás da Seat de Martorell, propiedade do consorcio Volkswagen, pechará este 2014 con case 428.000 unidades, o que suporá un aumento do 9,7% respecto aos datos do ano anterior.

A factoría catalá, na que se fabrican na actualidade modelos das marcas Seat e Audi, será a única en superar a barreira das 400.000 unidades, dos 2,38 millóns de vehículos que se montaron no Estado este ano.

Segundo datos dos diferentes fabricantes de automóbiles, difundidos este luns, o segundo centro nacional con maior produción de vehículos será a planta de PSA Vigo, cun volume dunhas 382.000 unidades, un 6% menos respecto a 2013.

 

También te puede interesar