Sucesos

O rapaz achado no encoro de Boborás foi golpeado antes de morrer e logo tirado ao río

O mozo de 22 anos de idade que apareceu morto o pasado domingo no encoro de Albarellos, no concello ourensán de Boborás, foi golpeado antes de morrer, segundo os primeiros exames do cadáver, e despois foi botado ao río Viñao, onde o atoparon uns veciños.

Segundo as investigacións da Garda Civil na operación ‘A Esmorga’, o mozo A.W.B. e os tres detidos pola súa implicación neste homicidio, pasaron unha noite de festa xuntos o pasado venres ao sábado, durante a cal se consumiu alcohol e drogas e remataron na adega dun deles.    Alí empezou unha discusión e o rapaz morto, o máis novo de todos, foi golpeadoe logo botado a unha canle que conduciu o corpo ata o encoro de Albarellos.

As indagacións da Policía levaron á detención o luns de O.E.L., de 25 anos de idade, e E.L.F., de 36 anos, ambos os dous veciños Boborás, e un terceiro B.P.V., de 23 anos e veciño do Carballiño.

Os tres detidos seguen prestando declaración no cuartel de Ourense, dende onde pasarán a disposición xudicial nas próximas horas para declarar ante o Xulgado de Instrución Número 2 de O Carballiño.

Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) indicaron que as dilixencias abertas queren coñecer o alcance da participación nos feitos de cada un dos tres detidos, que eran coñecidos da vítima.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.