Galicia

Reclaman ao comisario de Pesca que teña en conta a Galicia, primeira potencia pesqueira de Europa, no reparto da cuota do ano que ven

Descarga de peixe no Porto de Vigo/Tresyuno Comunicación

A Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (Fremss) remitiu unha carta ao comisario europeo de Pesca, o maltés Karmenu Vella, para reclamar que teña en conta as reivindicacións da flota galega na repartición de Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas da flota europea para o próximo ano, que os ministros de Pesca da UE terán que negociar na súa última reunión do ano, este luns e martes, días 15 e 16 de decembro.

A Fremss chama á consecución dun «equilibrio entre a sostenibilidad biolóxica» e a «sostenibilidad social e económica» e lembra que as decisións de Bruxelas afectan a Galicia de forma especial por ser «tan dependente da pesca», como son as concernentes á «pescada, peixe sapo de Gran Sol, ou xurelo e cabala que se capturan en augas do Cantábrico».

Por iso, chama a atención sobre que Galicia «é a primeira rexión marítimo-pesqueira da UE tanto pola súa flota, emprego xerado como polas descargas de pesca fresca e conxelada». Así, o sector do mar dálle emprego directo a «máis de 38.000 persoas» e factura «en torno aos 4.700 millóns de euros».

Así mesmo, remarca que Galicia representa preto do 10% da capacidade pesqueira do conxunto da UE, o número de tripulantes supón preto do 8% do emprego da pesca en Europa, mentres que «estudios publicados pola Comisión Europea destacan que nalgunhas zonas pesqueiras de Galicia a dependencia da actividade pesqueira supera o 50% do total de ocupados».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.