A asociación Ve-la Luz, liderada por «mulleres superviventes da violencia de xénero» dende 2009, pechará as súas portas o próximo 31 de decembro ante a «falta de saída existente para as mulleres e menores que viven a violencia de xénero”.
«Durante todos estes anos intentamos visibilizar o que nós consideramos un gran negocio para os que gobernan e gobernaron, destacando que nunca se facilitou a saída das vítimas», anuncia a asociación a través dun comunicado.
Deste modo, denuncia, “as vítimas de violencia de xénero non accederon a esas axudas económicas irrisorias e que remataron nas colas de Cáritas». Así mesmo, visibiliza, a «normalización existente da violencia de xénero en sede xudicial».
