Vigo al minuto

“Algún día faremos a película deste libro, na Galiza», ese día chegou:xa podes ver A Esmorga

Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán 'Morris', protagonistas de A Esmorga que se estrea este venres

“Algún día faremos a película deste libro, na Galiza, con cartos nosos e no noso idioma, cuios dereitos me reservei”, escribía Eduardo Blanco Amor a un amigo en 1978: ese día chegou. Este venres, por primeira vez na historia, unha película en galego estréase, ao mesmo tempo, en todos os cínes de Galicia: A Esmorga, de Ignacio Vilar, chega á pantalla para amosar en imaxes o que Blanco Amor puxo detrás das palabras.

O director e os seus tres protagonistas, Miguel de Lira (Cibrán), Antonio Durán, Morrís (MIlhomes) e Karra Elejande (Bocas) estiveron este mércores en Vigo para falar deste filme e lembrar a importancia que ten para o audiovisual e a cultura galega levar, “unha das grandes obras da nosa literatura a imaxes”.

Se cadra, Morris foi o que mellor resumiu a sensación que tivemos ao sair do cine os que xa vimos a película: “orgullo”. O actor vigués definiu perfectamente ese pensamento, “acabas de vela e ainda que está feita a peito descuberto, e que é unha película dura, saes sen esa carga que temos moitas veces pola falla de autoestima…conleva forza e optimismo”.

Os tres actores coincidiron en que trátase dunha “película sen complexos” que reflicte a “esmorga interna…a da vida, que pode levar a un final feliz ou tráxico”. Karra Elejalde calificouna de película “de caldo, forte, intensa, con sabor e consistencia e agradeceu ao seu director, Ignacio Vilar, que “abrise” a película ao equipo, “escoitounos…fíxonos sentir importantes…partícipes no que se fai…algo que para min, que non son galego e que actuei en galego fixo que a película fose miña”.

Miguel de Lira deixou craro o que van a encontrar os espectadores que vaian estes días a ver A Esmorga, “a viaxe ao inferno de Blanco Amor…non é unha parranda sen máis, e unha esmorga despiadada que respecta, da credibilidade e fidelidade ao que escribiu e ao que él quería contar”…como concluiu Ignacio Vilar, “a carta que Eduardo mandoulle a aquel amigo en 1978 estaba falando de nós hai trinta anos”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.