Vigo al minuto

O Pleno do Concello recoñece o colapso dos servicios sociais municipais

A culpa das dificultades que están a atravesar moitas familias da cidade é, en grande medida, da Xunta. Así o asegurou este luns, no Pleno deo Concello, a responsable de Benestar, durante o debate dunha moción do BNG. Na mesma, instábase ao goberno local a tomar medidas urxentes para acabar co “colapso dos servicios sociais municipais”, dotándoos de máis orzamento e de máis persoal.

Isaura Abelairas-diante das protestas de parte dos asistentes á reunión da Coprporación- sinalou que o de Vigo é o concello que máis inviste en Benestar, unha cantidade que estomou en 20.000 € semanais en axudas ás familias que, recoñeceu, non chegan, polo cal propuxo unha enmenda á moción na que se reclama ao Goberno galego que cofinancie os servizos comunitarios municipais.

A voceira do Bloque reiterou que esta situación non é nova,”hai meses que os propios funcionarios reclaman a contratación de máis persoal, pola cantidade de traballo e o que cualificou de “alto número de baixas” nos equipos de Benestar. Iolanda Veloso denunciou- ratificando os datos presentados polas representantes da CIG no Comité de Persoal– que hai veciños que agardan máis dun mes para ver aos asistentes sociais, “e moitas familias non poden aguantar tanto tempo”. Veloso fixo extensiva a denuncia ás resolución das axudas de emerxencia e a aprobación das bolsas para quenes máis as necesitan.

Curiosamente, a representante do Partido Popular, Teresa Cendón, concidiu coa nacionalista e, tamén, asegurou que a situación dos servizos sociais municipais é moi grave- algo chamativo posto que o seu grupo votou a favor dos orzamentos para 2014- e advertiu que a falla de medios e a mala xestión da concelleira de Benestar “aboca a moitas persoas á exclusión social”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.