RGPD - Cookies
Galicia

1.364 denuncias por violencia machista, no segundo trimestre deste ano en Galicia

O 016 funciona as 24 horas do día e non se reflicte no recibo do teléfono

Galicia rexistrou 1.364 denuncias por violencia de xénero no segundo trimestre do ano, das que 108 retiráronse, o que supón un 7,99 %. Estos son parte dos datos facilitados polo Observatorio de Violencia Doméstica e de Xénero, que indica que desas denuncias se incoaron o 22,95 % – en total 313- e, finalmente, 198 resolvéronse en ordes de protección e outras 115 foron rexeitadas -o 37%.

En todo o Estado, un total de 31.699 mulleres denunciaron violencia de xénero no segundo trimestre do ano, pero 4.188 remataron retirándoa, o que eleva ao 13,2 % a taxa de mulleres que renuncian a continuar o proceso, a cifra máis alta dende que en 2007 comezou a recollerse esta variable nas estatísticas oficiais.

 

 

También te puede interesar