Galicia

En Galicia, os prezos subiron un 0,3% en setembro, mantendo os valores do mesmo periodo en 2013

En setembro, o Índice de Prezos de Consumo (IPC) incrementouse en 3 décimas en Galicia en comparación con agosto, o que supón unha taxa interanual do 0,0%. Desta maneira, os prezos mantéñense estables en relación ao mesmo periodo de 2013. A subida débese ao incremento do vestuario xunto ao calzado, e da vivenda.

Por comunidades, o IPC mensual medrou en 14 zonas, con subidas destacadas en Castilla e León e Extremadura, cun 0,4%; seguidas cunha décima menos, en Galicia, Andalucía, Castilla-La Mancha, La Rioja e Navarra. En relación a taxa anual do IPC, incrementouse na totalidade das comunidades, excepto en Canarias. Respecto a setembro de 2013, 12 comunidades obtiveron taxas negativas, 4 ascenderon, e Galicia, mantense estable nos seus prezos.

En España, o IPC creceu un 0,2%, polo encarecemento da electricidade e os cambios monetarios na alimentación, en concreto nas froitas e os legumes. Pola súa banda, o Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) rexistra unha taxa anual en setembro no -0,3%, un aumento de 2 décimas respecto ao mes de agosto.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.